
As persoas participantes no Proxecto Vincúlate do Concello de Baiona realizaron unha nova actividade moi beneficiosa para todos os participantes, tanto humanos como os seus compañeiros de catro patas.
Os rapaces e rapazas aprenderon o que era a limpeza dos cans e a súa gran importancia no seu coidado, contando coa colaboración da empresa local “Limpiño”, que de forma altruísta ofreceu os seus servizos.
O Alcalde, Carlos Gómez Prado, sinala que “Baiona é unha Vila altamente solidaria e as empresas que a conforman o demostran sempre que teñen a oportunidade” e aproveita para “darlle as grazas ás mesmas e recoñecer a súa labor”.