
O vindeiro domingo día 13 de marzo nas instalacións deportivas da Piscina Mancomunada do Val Miñor da Ramallosa, a Concellería de deportes do Concello de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Mancomunidade do Val Miñor e Serviocio, organizan a décimo primeira edición do Campionato de Natación Escolar do Val Miñor 2022. Campionato que se agrupa dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
As inscricións permanecerán abertas ata o xoves 10 de marzo, podendo realizarse as mesmas a través do correo deportes@baiona.gal, o teléfono 986 356 558 ou directamente no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona. Os participantes por categoría: pre benxamíns (15-14); benxamíns (13-12); alevíns (11-10) e infantís (09-08).
A organización entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por da marca Arena, que patrocina o evento. O Campionato Escolar de Natación do Val Miñor conta ademais coa colaboración de Protección Civil e Serviocio.
As probas e horarios a desenvolver son:
• 25 metros Crol e 25 metros costas para Pre benxamíns.
• 25 metros Crol e 25 metros costas para Benxamíns.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Alevíns.
• 50 metros Crol e 50 metros costas para Infantís.
Os alumnos só poderán participar na súa categoría correspondente. A programación prevista é:
HORARIO | CLASIFICATORIAS | HORARIO | FINAIS |
10.00 H | 50 COSTAS INFANTIL | 12.15 H | 50 COSTAS INFANTIL |
10.15 H | 50 COSTAS ALEVÍN | 12.20 H | 50 COSTAS ALEVÍN |
10.30 H | 50 CROLL INFANTIL | 12.25 H | 50 CROLL INFANTIL |
10.45 H | 50 CROLL ALEVÍN | 12.30 H | 50 CROLL ALEVÍN |
11.00 H | 25 COSTAS BENXAMÍN | 12.35 H | 25 COSTAS BENXAMÍN |
11.30 H | 25 COSTAS PREBENXAMÍN | 12.40 H | 25 COSTAS PREBENXAMÍN |
11.45 H | 25 CROLL BENXAMÍN | 12.45 H | 25 CROLL BENXAMÍN |
12.00 H | 25 CROLL PREBENXAMÍN | 12.50 H | 25 CROLL PREBENXAMÍN |
13:00 H. ENTREGA DE MEDALLAS E SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS PARTICIPANTES