O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “Los hermanos Sisters”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves 24 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “Los hermanos Sisters” de Jacques Audiard, en versión orixinal subtitulada en castelán. 1850, en plena febre do ouro. Os irmáns Charlie e Eli Sisters son pistoleiros coas mans manchadas de sangue, tanto de criminais como de inocentes. Charlie naceu para matar, pero Eli soña con levar unha vida normal. Un encargo do Comodoro, que quere eliminar a un químico buscador de ouro, levaraos de Oregón a California nunha viaxe iniciática que porá a proba o vínculo entre os dous irmáns. Coma sempre contarán coa presenza do profesor Alfonso Castaño Hernández para a presentación e o posterior coloquio ao remate da proxección.