Cinco medallas individuais e unha colectiva para a Sociedade Atlética Val Miñor nos Campionatos de Galicia

Os atletas da Sociedade Atlética Val Miñor acadaron 5 medallas individuais e unha colectiva nos distintos Campionatos de Galicia disputados o pasado fin de semana.

4 metais foron acadados no Campionato de Galicia de pista cuberta sub18. Ainhoa Repáraz logrou dous ouros, un en 60 m e outro en 200 metros. Estes logros súmanse ao título de campioa galega absoluta en 60 e 200 que logrou a semana pasada.

Nayr Cortegoso tamén foi ouro en lonxitude, revalidando o seu título de campioa galega pero nesta ocasión nunha categoría superior á do ano pasado. Por outra banda, Jesús González foi medalla de prata en lanzamento de peso.

Ademais destes podios tamén participaron Manuela González, cuarta clasificada en altura, Nadia Lía Fernández que foi cuarta en 1500, Sira Martínez tamén en 1500 e Patricia Troncoso en lonxitude e 60 m.

No mesmo Campionato pero na categoría sub 20 Sofía Fernández obtivo a medalla de bronce na proba dos 400 metros.

Ese mesmo fin de semana disputouse o Campionato de Galicia de Cross en categorías menores en Lourenzá. Até ese vila luguesa viaxaron os atletas do Val Miñor das categorías sub 14 e sub 10 que previamente se clasificaron no Campionato Provincial. A participación saldouse con unha medalla de bronce colectiva do equipo sub 14 masculino cun equipo composto por Jesús Costas, Bisrat Mein, Brais Montes, Anxo Fernández e Adrián Lages. Tamén competiron nese Campionato Uxía Denis (infantil feminina) , Gabriela Bouzada (alevín feminina), Belén Silva (alevín feminina) e Julián Martínez (alevín feminino).

Nas vindeiras semanas disputaranse distintos Campionatos e probas onde está previsto a presenza de atletas do club. O máis próximo será o Campionato de España absoluto a onde acudirá Ainhoa Repáraz. Jesús González lanzará disco en un control de marcas en Vilanova de Cerveira (Portugal) e para a semana do 5/6 de marzo o club acudirá a Valencia ao Campionato de España sub 18 e a Ourense Campionato de Galicia sub 16.