A Garda Civil investiga o roubo de dous valiosos cadros de Edgar Degas nun chalé de Nigrán

Ensayo de ballet,1873.

A sección de patrimonio da policía xudicial da Garda Civil de Pontevedra investiga a desaparición de dous valiosos cadros do pintor francés Edgar Degas nun chalé de Nigrán. A investigación, segundo confirmaron a Efe fontes do instituto armado, iniciouse por mor da denuncia presentada no posto de Baiona polo seu propietario.

A residencia da que presuntamente desapareceron ambos os dous cadros está en Monteferro, unha zona de exclusivos chalés desta localidade turística. Os dous cadros desapareceron da casa do seu propietario cando este estaba de viaxe.

O pintor, escultor e gravador Edgar Degas (1934-1917) está considerado como un dos pais do impresionismo e as súas obras, algunhas das cales alcanzan prezos de millóns de euros nas casas de poxas máis prestixiosas do mundo, atópanse entre as máis buscadas polos coleccionistas.