Nigrán proxecta a película de animación “Bella y el circo mágico”

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 20 de febreiro ás 17:30 horas como parte da súa programación polo 8-M, Día Internacional da Muller, a película de animación infantil “Bella y el circo mágico”. Ella Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Ella Bela asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo na veciñanza, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular, cegando a Henry. A programación continúa o sábado 5 de marzo co espectáculo de monicreques “Cousas de casa” a cargo da compañía Mircromina Títeres no Auditorio Municipal ás 18:30 horas. Todo está financiado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.