Sin categoría

Os Círculos de Podemos do Val Miñor reúnense coa dirección autonómica

As responsables dos tres Círculos de Podemos do Val Miñor reuníronse na tarde de onte coa súa dirección Autonómica para afrontar os retos e obxectivos locais de cara á celebración das próximas eleccións municipais previstas para o próximo ano 2023.

As corporacións dos tres municipios expuxeron todo o traballo feito ata o de agora, así como as necesidades que máis demanda a cidadanía en cada municipio, de cara a poder facer propostas locais (algunhas xa incorporadas á redacción do programa electoral) e outras tamén autonómicas ou estatais para instar aos seus respectivos Alcaldes e equipos de goberno en cada Concello, a Xunta ou o Goberno do Estado a dar solucións.

Tras a reunión, puxéronse varias propostas en común, sendo a máis importante a de convidar á cidadanía a participar activamente, contribuíndo e animándoa a que compartan as súas necesidades a través das canles que dispoñen de contacto (correo, rrss, teléfono) ou achegándose ás reunións locais para tratar os diferentes temas, dando así máis representación á propia cidadanía.