Minuto de silencio en Nigrán polo naufraxio do “Vila de Pitanxo”

O Concello de Nigrán gardou un minuto de silencio este mediodía (12:00 horas) ante a Casa Consistorial en sinal de loito polo tráxico naufraxio do “Vila de Pitanxo” en Terranova. O Concello de Nigrán, como pobo irmá e de tradición mariñeira, transmite o seu pesar compartido e a súa solidariedade coas familias, achegados e toda a xente do mar. No minuto participaron membros do goberno e da corporación, veciños e persoal municipal. As bandeiras do Concello ondean a media hasta.

Por outra banda, o alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, participou no minuto de silencio ás 12:00 horas nos campamentos de refuxiados saharauís (concretamente en Smara) xunto á delegación galega de viaxe humanitaria neste territorio arxelino de Tindouf.