
A recoñecida panadería e pastelería Copena expandiu o seu negocio coa apertura da súa primeira tenda na cidade de Vigo. Situada no número 2 da rúa Pescadores, no barrio vigués de Bouzas, este novo espazo conta cunha zona de despacho de 50 metros cadrados.
Nesta nova localización Copena ofrecerá aos seus clientes a súa ampla variedade de produtos nos que tradición e innovación van da man para lograr a excelencia. Ademais da súa tradicional rosca, tamén se poderán adquirir as súas rosquillas de diversos sabores, as súas galletas de nata ou as súas diferentes variedades de pan elaborado artesanalmente con masa nai, entre outros.
Cabe destacar que este é o único establecemento da cidade no que se pode atopar a súa famosa rosca elaborada cunha receita centenaria que pasou de xeración en xeración. Os responsables de Copena afirman que a súa presenza en Vigo “responde o desexo de continuar co legado familiar e á crecente demanda de moitos dos nosos clientes da cidade que acudían ás nosas tendas da zona do Val Miñor para adquirir os nosos produtos”.
Coa apertura desta nova tenda Copena consolida a súa presenza no sur da provincia de Pontevedra onde conta con 7 establecementos situados en Gondomar, Camos, Nigrán, Baiona, O Porriño e Vigo.
Sobre Copena
Panadería Copena naceu en Gondomar fai ao redor de 150 anos. Mantendo a esencia dos seus fundadores, Gumersindo Copena e Esperanza Araujo, e das súas fillas Josefa e Carmen Copena Araujo, a cuarta xeración familiar segue á fronte do negocio que se converteu nunha referencia na zona do Val Miñor e en todo o sur da provincia de Pontevedra. Trátase dunha empresa familiar que garda na tradición e o agarimo de todas as súas accións o seu máis prezado secreto de éxito e que segue inculcando os valores de respecto e traballo a todos os seus empregados.