Detidos dous homes, un deles de Nigrán, por un suposto roubo con forza

Ás 11:20 horas da mañá do día de onte recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo. Un alertante informaba que se acababa de producir o roubo nunha autocaravana que se atopaba na Avenida de Europa. Unha vez no lugar, os Axentes comprobaron que se trataba dunha leira, na cal estaba instalada a autocaravana.

O alertante informou que fora advertido por un veciño de que había dous individuos na súa propiedade, achegándose á mesma e observando a dous homes no interior do terreo, que abandonaban o lugar cara a unha urbanización situada na Avenida de Samil.

Facilitou á Unidade desprazada ao lugar a descrición de ambos os dous homes, establecéndose un operativo de procura, localizando a dous individuos, que se correspondían plenamente coa descrición facilitada na rúa Pereiras. Resultaron ser A.P.C, de Vigo e 72 anos de idade, acompañado por P.E.D, de Nigrán e 53 anos de idade.

Manifestaron aos Axentes que, meramente atopábanse paseando, recoñeceron acceder ao interior da leira, pero para facer as súas necesidades. Os Actuantes contactaron telefonicamente co titular da propiedade, que lles indicou que no interior da mesma tiña unha casa prefabricada, e que comprobara que unha das xanelas de acceso tiña o cristal facturado.

A maiores, informou que o interior da vivenda estaba totalmente revolto, aínda que non podía achegar a priori datos sobre os aveños ou elementos que faltaban do interior. Por este motivo os Funcionarios procederon á detención de ambos os dous homes pola suposta comisión dun delito de roubo con forza.