
O Concello de Nigrán ofrece este domingo 13 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a obra “Ubú encadeado” da compañía de teatro afeccionado de Baiona Non Si? Teatro. Trátase dunha comedia, para público maior de 12 anos e cunha duración dunha hora, e está baseada no clásico “Ubú Rei”, do autor francés Alfred Jarry. Esta farsa descarada, irreverente e hiperbólica constitúe unha sátira social e unha burla sarcástica da natureza humana.
Destronados de Polonia, Pai Ubú e Nai Ubú, interpretados por Isaac Villar e Eva Llorca, chegan a Francia, o país onde reina a liberdade, a fraternidade e a igualdade e todo o mundo é igual. Pai Ubú decide ser escravo, pero sen deixar de ser o déspota de sempre. O espectáculo está dirixido por Mónica Sueiro, encargada da dirección escénica na Aula de Teatro de Baiona.