Nigrán abre ata o xoves o prazo de inscrición para o escape room “Estrelas”

O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata a medianoite do xoves 10 de febreiro o prazo de inscrición para participar no escape room “Estrelas” do domingo día 13 ás 11:00 horas nas inmediacións do Pavillón de Panxón. Toda a información (bases, solicitude e autorización en caso de menores) está a disposición dos interesados na web municipal no apartado de “Programación Mes da Muller”. Esta actividade de escapismo será similar á desenvolvida o ano pasado en diferentes centros educativos e se encadra na programación do Concello e o CIM co gallo do Día Internacional das Mulleres o 8 de marzo. As persoas participantes deberán superar unha serie das probas ao redor da biografía de varias mulleres relevantes. O xogo foi elaborado pola empresa especializada Territorio Comanche.