O Auditorio de Nigrán acolle este sábado unha selección das mellores curtametraxes do FICBUEU

O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Val Miñor Alice Guy para ofrecer este sábado 5 de febreiro desde as 19:30 horas no Auditorio Municipal unha proxección das mellores curtametraxes do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU 2021). A entrada é de balde ata completar o aforo.

As curtas que proxectaranse son as seguintes:

– THE VAN, de Erenik Beqiri, Francia-Albania, 15 minutos.

– WHITE EYE, de Tomer Shushan, Israel, 20 minutos.

– SESTRE, de Kukla Kesherovic, Eslovenia, 23 minutos.

– STEPHANIE, de Leonardo Van Dijl, Bélgica, 15 minutos,

-WHAT WHE DON´T KNOW ABOUT MARIAM, de Morad Mostafa, Egipto, 25 minutos.

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público.