Máis de 80 persoas participan nos cursos de ximnasia de mantemento de Gondomar

Gondomar segue a impulsar e potenciar as políticas de envellecemento activo da súa veciñanza. Máis de 80 persoas participan na nova edición de cursos de ximnasia de mantemento do concello, nos que se exercitan en dúas quendas durante unha hora e realizan diversos exercicios, guiados por unha monitora, que lles permiten manterse en forma.

A actividade de ximnasia de mantemento desenvólvese os luns e mércores de 10:30 a 11:30 horas e de 11:30 a 12:30 horas. A concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, achegouse ata o Pavillón para darlles a benvida e felicitarlles por apostar polo deporte como unha forma de seguir activos e demostrar que os nosos maiores teñen moito que facer e ensinar aínda.