Podemos Baiona celebra que o Goberno do Estado estenda a fibra ás zonas peor conectadas do concello

O Círculo de Podemos Baiona valorou moi positivamente o investimento do Goberno de coalición para levar a fibra ás zonas peor conectadas do concello a través do programa UNICO de Universalización de Infraestruturas dixitais para a cohesión.

A formación vén de rexistrar unha petición para que o concello clarifique as rúas nas que se efectuará esta intervención de maneira coordinada co Goberno do Estado e comprobar así “se as necesidades de conexión a internet quedasen integramente satisfeitas”.

No caso de que haxa zonas que non estean contempladas no programa do Goberno do Estado, Podemos pediralle ao Goberno Local que busque solucións paralelas ao plan UNICO, co fin de que toda a veciñanza poida gozar da conexión a internet “independentemente de que viva no centro, nas parroquias, casco histórico, ou no rural”.