O nigranés Temi Leyenda trae para Galicia un subcampionato que sabe a vitoria

Despois de tanto tempo sen grandes torneos nacionais xa apetecía unha proba como a deste fin de semana pasado en Zaragoza, cunha asistencia de máis de 400 xogadores, que bateu récords e moito nivel sobre os tapetes.

Dos 64 xogadores galegos inscritos na primeira proba do circuíto nacional Pooltour 2022, cabe destacar a Temi Leyenda, de Nigrán, que se fixo cun máis que meritorio 2º posto na 2ª Categoría, e cedeu o su enfrontamento na final ao sevillano Manuel González.

Tamén contamos con 3 participantes máis de Nigrán: Abraham Gómez, Carlos Penela e Brais Penela, que fixeron un bo papel aínda que non obtiveron tan bo resultado. Estes xogadores participan no Ránking Individual 2ª e 3ª Categoría de Vigo, o que nos da unha idea do altísimo nivel que esta tempada ten esa competición alí.

A seguinte proba celebrarase no mes de abril e esperan obter mellores resultados.