Festa da Virxe das Candeas e Romaría de San Blas en Mañufe

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra esta semana a Festa da Virxe das Candeas e a Romaría de San Blas. O mércores 2 de febreiro haberá Misa e bendición das velas ás 18:45 horas. O xoves 3 ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne na honra de San Blas, coa posterior actuación da Banda de Música do Val Miñor. Tamén se celebrarán Misas cada hora, pola mañá desde as 8:00 ata as 11:00, e pola tarde desde as 17:00 ata as 20:00 horas. En todas elas farase a bendición do pan e outros alimentos. Será obrigatorio gardar as medidas de seguridade, segundo a normativa vixente, fronte ao Covid-19.