Sin categoría

O Cereixa levouse o derbi do Val Miñor ante un gran Baíña

Encontro correspondente á xornada 15 da liga preferente sur onde o Cereixa levouse o derbi do Val Miñor ante un gran Baíña. Unha vez finalizada a primeira volta o equipo de Vincios encóntrase no terceiro posto da clasificación, onde os tres equipos miñoráns están moi ben posicionados na liga, toda unha boa nova para o fútbol sala da comarca.

Nova tempada e moitas caras novas no persoal, pero este equipo segue coa mesma dinámica competitiva e sabe refacerse das adversidades, un 6-2 final foi o resultado final do partido. Agora toca seguir traballando e preparar o partido do próximo fin de semana en Ourense. “Queremos aproveitar a ocasión para agradecer o apoio recibido de toda a afección presente no Pavillón de Gondomar aos dous equipos”, sinalan desde o club.

Rubén (2), Adri (2), Hugo (1) e Tabo (1) foron os goleadores por parte do Cereixa.