
Podemos Nigrán considera que o despregamento de fibra óptica por parte da operadora R está a facerse de forma desigual e retardada seguindo criterios estritamente económicos ou especulativos, deixando numerosas zonas do municipio sen servizo, algunhas delas contempladas e subvencionadas no Plan Estratéxico Nacional do Goberno de España.
A formación morada sinala que para dar solución a esta problemática o Concello de Nigrán debe impulsar e fomentar o despregamento dunha rede neutra de telecomunicacións de fibra óptica, para que os operadores interesados poidan ofrecer á cidadanía un acceso de calidade á rede a uns prezos acordes ao mercado competitivo.
Para iso, Podemos Nigrán propón ao Concello a creación dunha ordenanza municipal que regule o despregamento de redes de acceso a telecomunicacións e dun convenio de colaboración cun operador neutro que impulse a dixitalización de forma igualitaria en todo o municipio.