O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “Los comulgantes”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves 20 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “Las comulgantes” de Ingmar Bergman. Thomas, un pastor protestante que celebra os oficios relixiosos coa igrexa case baleira, é un home solitario que sofre unha profunda crise espiritual e cuxa vida carece de sentido. Como sempre contarán coa presenza do profesor Alfonso Castaño Hernández para a presentación e o posterior coloquio ao final da proxección.