Gondomar promove a autodefensa das mulleres

Gran acollida do primeiro curso de autodefensa organizado polo departamento de Igualdade do Concello de Gondomar, e promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

En total 16 mulleres do municipio de idades comprendidas entre os 18 e 50 anos, aproximadamente, anotáronse a esta actividade quedando fóra moitas outras interesadas debido ás medidas sanitarias vixentes pola pandemia, que impediron ampliar o número de participantes.

Trátase dun curso de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións. Cunha duración de 8 horas é impartido por Manuel Herbón, membro dos Corpos e Forzas de Seguridade, e monitor especialista en defensa persoal, integrante da Federación Galega de Loita e docente da Academia Galega de Seguridade Pública.