Unha unidade móbil de doazón de sangue estará esta semana en Nigrán, Baiona e Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán esta semana os tres concellos da comarca do Val Miñor. O luns 17 e o martes 18 de xaneiro unha unidade estará en Nigrán, diante do concello, de 16:00 a 21:00 horas ambos os dous días. O mércores día 19 haberá outra unidade móbil estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, tamén de 16:00 a 21:00 horas. Finalmente, o xoves 20 e o venres 21 de xaneiro poderase doar sangre nunha unidade situada na estación de autobuses de Gondomar, igualmente de 16:00 a 21:00 horas nas dúas xornadas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.