Correos emite un selo dedicado á provincia de Pontevedra

Correos emite hoxe o novo selo da serie filatélica “12 Meses, 12 Selos” dedicado á provincia de Pontevedra. Correos pon en circulación este selo como unha homenaxe á provincia e o seu gran valor artístico e monumental.

A imaxe deste selo fórmana a súa iniciais “PO” que figuran sobre un fondo que mostra unha imaxe do claustro da Catedral de Tui, que ten a particularidade de ser o máis antigo da comunidade galega. A súa orixe remóntase á primeira metade do século XIII, destacando o seu trazado seguindo a influencia cisterciense.

Con esta emisión Correos continúa o seu percorrido polas provincias españolas, empregando este selo como único tipo de franqueo para todos os envíos que se admitan nas oficinas da provincia durante o mes da súa emisión, co que contará cunha gran visibilidade.