Baiona celebrará Cabalgata de Reis pero sen paradas nin caramelos

Os Reis Magos volverán este ano a visitar as parroquias de Baiona co obxectivo de evitar aglomeracións. O martes 4 de xaneiro estarán en Baredo de 17:00 a 18:00 horas (Cruceiro-Cancelo), en Baíña de 19:00 a 20:00 horas (Rotonda do CEIP Fontes-Baíña), en Belesar de 17:00 a 18:00 horas (Chaira do CEIP Belesar) e en Sabarís de 19:00 a 20:00 horas (Praza Victoria Cadaval. Os nenos e nenas, con máscara, poderán achegarse ás carrozas, que permanecerán estáticas, e recoller o seu paquete de caramelos de man dos Paxes Reais.

O día 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis arrancará ás 18:00 horas desde a Urbanización Puente Romano de Sabarís para dirixirse a Baiona, acompañada da Rondalla Helios de Bembrive e os grupos de animación La Fiesta Escénica e Spirit. Non se realizarán paradas nin se tirarán caramelos para evitar aglomeracións. Unha vez no Parque da Palma, a comitiva disolverase e non haberá recepción real.