Correos afirma que o novo modelo piloto de distribución de última milla está en fase de revisión

Correos considera que a concentración desta mañá por parte da práctica totalidade do persoal da unidade de Val Miñor, que presta servizo a Baiona, Gondomar, Nigrán e Oia, non está xustificada, polas seguintes razóns:

● Correos comprometeuse a revisar de forma dialogada o modelo piloto de distribución de última milla.

A compañía chegou aos seguintes acordos na mesa de Diálogo do Plan Estratéxico do 28 de decembro de 2021:

– Manter o concepto carteiro/sección nas unidades de repartición, desde a data deste acordo.

– Restablecer o mobiliario nas unidades, así como facilitar a implantación de novo mobiliario, nas unidades desde a data deste acordo, que facilite as tarefas de clasificación evitando ditas tarefas en lugares inapropiados.

– Interromper a implantación do Modelo piloto en todas Unidades de Repartición, e restablecer á situación de partida ata a definición dun novo modelo.

– No prazo de dous meses formarase unha Comisión de Estudo paritaria para atopar o modelo máis adecuado ás necesidades de futuro de Correos no marco do Plan Estratéxico, que deberá concluír os traballos antes do 1 de xuño de 2022.

● A transformación e modernización da rede de repartición e distribución é necesaria para garantir a calidade do servizo e a estabilidade do emprego.

A rede de repartición precisa dun proceso de transformación para asumir os retos internos e externos que se nos están expondo. Este proceso vén marcado polo aceleramento da caída da actividade postal e a necesidade de adaptar as infraestruturas e os medios para a entrada de novos negocios e a consolidación do negocio da paquetería, ademais de manter o compromiso firme coa prestación do servizo público de calidade que temos encomendado.

● Os cambios nas unidades de repartición serán medidas organizativas internas, que busquen a mellora da eficiencia e a calidade do servizo aos cidadáns, sen afectar as condicións laborais dos empregados e empregadas da compañía, e sen realizar despedimentos.

● A cidadanía non se verá afectada polos cambios e seguirán recibindo o servizo coa máxima calidade.

● O novo modelo de distribución non supoñerá redución de postos de traballo.

● Non se pretende o peche de carterías, senón reorganizar a forma de traballar nelas, para conseguir unha repartición máis equitativa da carga de traballo tanto dentro como fóra das unidades de distribución.

● Non se vai substituír aos carteiros e carteiras por persoal de Correos Express.
Moi ao contrario, un dos principais obxectivos do novo modelo será reforzar a Correos para manter a estabilidade do emprego.

● En definitiva, esta transformación será froito dun proceso de diálogo e de análise da evolución do negocio de Correos, actual e futuro, para gañar en eficiencia e axilidade. O obxectivo do novo modelo de distribución será a adaptación e modernización rápida da rede de repartición para asegurar a prestación do servizo público postal con calidade e, ademais, reforzar a Correos no competitivo mercado da paquetería cun sistema que garanta a estabilidade do emprego e a súa posición como referente en canto a innovación, transformación e compromiso coa sustentabilidade ambiental.

● Así mesmo, cabe lembrar que:

– Correos é e seguirá sendo unha empresa pública.

– Correos non está a realizar ningún proceso de despedimentos.

– Correos non está a pechar ningunha oficina.

– Correos segue apostando polo emprego estable como garantía do mellor servizo. De feito, a compañía acaba de publicar a súa maior oferta pública de emprego en décadas: 5.377 prazas de persoal laboral indefinido.