Nigrán traslada o Festival de Rondallas do Val Miñor ao Pavillón de Panxón

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen este domingo 26 de decembro desde as 11:00 horas o II Festival de Rondallas do Val Miñor. Debido ás adversas previsións meteorolóxicas o evento trasládase ao Pavillón de Deportes de Panxón. Como anfitrioa participa a Rondalla de Santiago de Parada xunto á do Centro Cultural A Merced de Chaín e a Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios. As rondallas son formacións musicais con gran raigame en todas as Rías Baixas e particularmente na comarca do Miñor, polo que o Concello de Nigrán desexa manter este certame con todas as garantías sanitarias.