Máis de 20 quilos de alimentos grazas á solidariedade nigranesa

O pasado sábado 18 de decembro celebrábase no Auditorio Municipal de Nigrán un obradoiro de primeiros auxilios solidarios a cambio de alimentos non perecedoiros. Esta iniciativa, que parte da Asociación de Búsqueda y Salvamento Ría de Vigo y Baixo Miño, conseguiu recadar máis de 20 quilos de alimentos para Servizos Sociais grazas á solidariedade dos veciños e veciñas de Nigrán, que como asistentes ao obradoiro, achegaron un pouco de axuda para as familias que máis o necesitan.

A cambio, enfermeiras e técnicos de emerxencias da Asociación, compartiron os seus coñecementos en primeiros auxilios, reanimación, hemorraxias e manexo de desfibriladores, entre outros. Desde a Asociación de Búsqueda y Salvamento agradecen o interese mostrado polos veciños e veciñas de Nigrán en querer aprender a desenvolverse en situacións de emerxencia, e aseguran que debido á boa acollida, realizarán máis actividades deste tipo nos próximos meses.