Nigrán ofrece este sábado a obra de Porta Aberta Teatro “Get Back”

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 18 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra “Get Back” de Porta Aberta Teatro (Vigo) dentro do convenio con Fegatea (Federación Galega de Teatro Afeccionado). Trátase dunha peza de 80 minutos dirixida a todos os públicos escrita por Diego Ameixeiras. É unha obra tremendamente actual que sirve para entreterse, escoitar, desfrutar e recoñecerse nunha das cinco vidas que se atopan fortuitamente nun mesmo vagón de metro en Londres.