Últimos días para inscribirse no XXII Cros Escolar do Val Miñor

O domingo 19 de decembro, a contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta será o escenario da XXII edición do Cros Escolar do Val Miñor, coas categorías desde chupete ata xuvenil.

Esta proba acollerá as categorías cadete masculino/feminino (nacidos nos anos 2007-08), que sairán ás 10:45 e 11:00 horas correlativamente. Os atletas infantís masculino/feminino (2009/10) correrán ás 11:15 e 11:25. A de alevín masculino/feminino (2011/12) empezará ás 11:35 e 11:45 horas. Os participantes benxamín masculino/feminino (2013/14) terán saída ás 11:55 e 12:05. A categoría de pre benxamín masculino/feminino (2015/16) sairá ás 12:10 e 12:20 horas. Por último, os atletas de cros máis pequenos serán os chupetes masculinos/feminino (nados 2017-18), que empezarán a correr ás 12:30 e 12:40.

A inscrición finaliza o vindeiro mércores, día 15 de decembro, podéndose realizar as mesmas no Pavillón de Deportes Municipal, chamando ao teléfono 986.356.558 ou no e-mail deportes@baiona.gal. Tamén se lembra que o uso da máscara é obrigatorio en todos os espazos exteriores se non se pode manter a distancia física interpersoal, excepto na proba física. Ademais do uso correcto da máscara, lémbrase aplicar as medidas hixiénicas e manter a normativa vixente contra o Covid-19.