Certame de Microbeléns en Sabarís

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, xunto coa Asociación de Empresarios de Sabarís, Coemsa, organiza un certame de Microbeléns. A finalidade deste certame é potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as nosas tradicións e fomentar as actividades en familia.

O tamaño do belén non poderá exceder de 30×60 centímetros, e todos os traballos presentados a concurso estarán expostos do 17 de decembro de 2021 ao 9 de xaneiro de 2022 no edificio Multiusos Mercado de Sabarís.

Establécense as seguintes categorías; microbelén máis orixinal, microbelén máis laborioso, e microbelén máis popular. Este certame compleméntase coa categoría Belén familiar en domicilio particular, o cal terá un tamaño libre, estando prevista unha visita guiada aos beléns máis destacados.

A inscrición para participar realizarase na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica, do 29 de novembro ao 10 de decembro de 2021, cubrindo o correspondente formulario xunto co DNI.

Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986385921, ou na Asociación de Empresarios Coemsa.