Os Círculos de Podemos no Val Miñor contra as violencias machistas

Con motivo do Día Internacional da Eliminación das Violencias contra a Muller, os Círculos de Podemos no Val Miñor realizaron un vídeo, como veñen facendo os últimos anos, en apoio ás vítimas de violencia machista e en repulsa a todo tipo de violencias contra a muller.

Así mesmo seguidamente de sumarse á concentración convocada polas diferentes Asociacións Feministas do Val Miñor hoxe día 25 ás 20:00 horas na Ramallosa, organizarán un coloquio/café feminista ás 21:30 horas no CRC O Torreiro de Priegue, ao que convidan a todas as mulleres que queiran unirse.