Gondomar aproba unha liña de axudas de máis de 100.000 € para os sectores afectados pola Covid-19

O Concello de Gondomar vén de publicar outra liña de axudas económicas para os sectores afectados pola crise do COVID-19 para o pequeno comercio, cuxo prazo para presentar as solicitudes remata o 29 de novembro, podendo optar todos aqueles negocios con domicilio fiscal no concello que o CNAE saia reflectido no ANEXO I das bases da convocatoria.

Con carácter xeral, esta liña de axudas municipais cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra busca paliar en parte a perda de ingresos derivada dunha menor actividade durante a pandemia -dende o 14 de marzo de 2020 ata a actualidade- das PEMES e autónomos con ata 10 persoas empregadas, apoiando así o mantemento da actividade económica e do emprego dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría, autotaxi, actividades culturais relacionadas cos espectáculos e a música, aloxamentos turísticos, parques de bólas para ocio infantil, pequeno comercio, ximnasios, ocio nocturno, axencias de viaxes, servizos fotográficos, formación/ensinanza non regrada, etc… derivada dunha menor actividade durante a pandemia, sufragando gastos correntes satisfeitos durante o período mencionado.

As bases desta convocatoria poderán consultarse na páxina web municipal.