Baiona alerta dunha estafa telefónica

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, fai un chamamento á poboación para que non participe nunha enquisa telefónica de saúde. Segundo indicou o rexedor, varios veciños alertaron de que recibiron chamadas para un estudo no que piden datos persoais a través dunha entidade que se fai chamar “Versus”.