Voluntarios de Afundación e ABANCA plantarán 300 árbores autóctonas en Gondomar

O programa de voluntariado ambiental de Afundación e ABANCA “Traballando pola mellora do patrimonio natural” congregará mañá, sábado 20 de novembro, desde as 10:00 e ata as 14:00 horas, a máis de 30 voluntarias e voluntarios de Afundación e ABANCA para realizar labores de reforestación en Gondomar.

Nas previsións para a actividade de mañá encóntrase a plantación de 300 árbores que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Para esta acción, organizada en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e a Comunidade de Montes de Couso, seleccionáronse exemplares de especies autóctonas: Corylus avellana, Betula alba, Quercus robur, Quercus suber, Castanea sativa, Prunus avium, Crataegus monogyna, Prunus spinosa e Pyrus sp (abeleira, bidueiro, carballo, sobreira, castiñeiro, estripeiro, abruñeiro e pereira silvestre).

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, ambas as entidades queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 “Redución das desigualdades”, ODS 13 “Acción polo clima”, ODS 14 “Vida submarina” e ODS 15 “Vida de ecosistemas terrestres”.