O Val Miñor asina un convenio con Correos para facilitar ás PEMES as labores de loxística e reparto

Os Alcaldes do Val Miñor reuníronse co director da Oficina de Correos de Baiona para asinar un convenio para facilitar ás pequenas e medianas empresas as labores de loxística e reparto. Este convenio asinado entre os Alcaldes e Correos non ten outro obxectivo máis que o de axudar ás pequenas e medianas empresas da comarca do Val Miñor, conseguindo vantaxes para o envío dos seus produtos aos seus clientes é así poder mellorar a súa situación, que viuse e segue véndose prexudicada pola crise sanitaria que estase a vivir. Carlos Gómez Prado, Alcalde do Concello de Baiona, desexa que estas vantaxes acadadas neste convenio sexan un pequeno empuxón para a economía do pobo e da comarca.