Magosto e concerto en Vilas

A Comisión de Festas de María Auxiliadora de Vilas (Morgadáns-Gondomar) organiza en colaboración coa Entidade Local Menor de Morgadáns un magosto co concerto de Fillos do Estramonio. Será o vindeiro sábado 20 de novembro ás 22:00 horas. As entradas anticipadas pódense reservar a un prezo de 3 euros no teléfono 636 56 70 24 ou no correo electrónico fillosdoestramonio@gmail.com. O prezo da entrada en despacho de billetes será de 5 euros.