
Podemos insta ao Concello de Nigrán a que conclúa coa creación do Servizo de Atención Temperá para nenos/as con necesidades especiais que foi anunciado o pasado mes de abril, para o que conseguiu unha subvención da Xunta para este fin por valor de 28.730 €.
Segundo manifestou o propio Alcalde este servizo comezaría o 1 de xullo e acabaríase o 31 de outubro, momento no que o Concello faríase cargo do mantemento do servizo de forma íntegra.
A día de hoxe aínda non se puxo en marcha este programa e as familias continúan desprazándose a Vigo para poder acceder á atención temperá, coa dificultade engadida de que o horario é matinal coincidindo coas clases nos centros ordinarios e producindo unha alteración no ritmo e desenvolvemento educativo dos/das nenos/as que participan.
Tamén solicitan maior implicación con este colectivo coa contratación de persoal cualificado para as diferentes actividades municipais como os campamentos de verán ou Nadal, axudando á conciliación que en ocasións vólvese moi complicada para estas familias.