
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, atende a demanda de 14 persoas nas parroquias de Baredo e Baíña. Dous colectivos de maiores solicitaron dispoñer dun espazo de encontro para intercambiar coñecementos e inquedanzas, ao tempo que se atopan con veciños que comparten a súa contorna.
Unha vez máis, o Alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, dan resposta aos dereitos dos maiores do municipio. Carlos Gómez Prado quere agradecer o interese das persoas que tanto achegaron co percorrido das súas vidas e a experiencia que proporcionan a diario.
O programa desenvolverase do 8 de novembro ao 17 de xuño de 2022. En Baredo (Centro Cultural), os venres, de 16:00 a 17:30 horas. En Baíña (Casa das Novenas), os luns, de 16:00 a 17:30 horas.