O gondomareño Ricardo Buba, convocado coa Selección Española para o Campionato de Europa de Ciclocrós

Ricardo Buba.

Esta próxima fin de semana, 6 e 7 de novembro, terá lugar unha das primeiras grandes citas que agardan neste curso 2021 de ciclocrós coa disputa do Campionato de Europa na provincia neerlandesa de Drenthe, concretamente no circuíto do Col du Vam de 2.700 metros de lonxitude. O certame continental, do mesmo xeito que o pasado ano, disputarase en Países Baixos ata onde viaxará a Selección Española cunha expedición composta por 17 ciclistas.

O Seleccionador nacional Pascual Momparler confeccionou un equipo no que haberá dous ciclistas elite: Felipe Orts, que na última edición do Europeo logrou unha brillante 7ª praza tras estar a pelexar polas medallas durante boa parte da carreira, e Iván Feijoo. En categoría elite non haberá ningunha representante feminina debido a que Aida Nuño non poderá acudir por lesión e a que Lucía González centrará os seus esforzos nas Copas de España de Llodio e Karrantza.

En categoría sub23, Momparler contará con Miguel Rodríguez, Alain Suárez, Miguel Sánchez, Lydia Pinto, Carla Fernández y Sara Bonillo; mientras que los juniors que representarán a España en Drenthe serán o gondomareño Ricardo Martín Buba, Uxía Soto, Vania Rico, Marta Beti, Laura María Mira, Pablo Calvo, Raúl Mira, Iván Gomar, e Miguel González.

Durante a xornada do sábado asistiremos á disputa das carreiras júnior feminina e sub23 masculina, que se celebrarán ás 11:00 e ás 13:15 horas respectivamente, e como peche da xornada teremos a proba elite feminina, que arrancará ás 15:00 horas. O domingo, os júnior serán os encargados de abrir a competición ás 11:00 horas e tras eles, ás 13:15 horas, correrán as mulleres sub23. A esperada carreira elite masculina celebrarase o domingo ás 15:00 horas. As 6 probas deste Campionato de Europa poderán verse a través de Eurosport.