O sorteo de Euromillones deixa un premio de 30.000 € en Nigrán

O sorteo de Euromillones celebrado este venres deixou un premio de Terceira Categoría (5+0) en Nigrán. O boleto premiado foi validado na Administración de Loterías Nº 1, situada na rúa Manuel Lemos 24, no Local 3 das Galerías 2000, na Ramallosa. O agraciado recibirá 30.320,10 euros. A combinación gañadora correspondeu aos números 28, 10, 32, 15 e 49. As estrelas foron o 9 e o 3.

Non existen boletos acertantes de Primeira Categoría (5+2). En España existe un boleto acertante de Segunda Categoría (5+1) que foi validado na Administración de Loterías Nº 460 de Madrid, situada en Alonso Cano, 79, que levará 155.676,29 euros. De Terceira Categoría (5+0), ademais do selado en Nigrán existe outro acertante validado na Administración de Loterías Nº 5 de Alcorcón (Madrid).

Co EUROBOTE xerado no próximo sorteo de Euromillones un único acertante podería gañar 66 millóns de euros. O boleto acertante de El Millón foi validado na Administración de Loterías Nº 2 de Arroyo de la Encomienda (Valladolid).