Nigrán pecha o Mes do Teatro con “Lisístrata”

O Concello de Nigrán finaliza este domingo 31 de outubro a programación do “Mes do Teatro” coa representación da comedia para todos os públicos “Lisístrata”, a cargo da compañía ourensana Teatrino. Será ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. A actuación forma parte do convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título “Fegateatro Nigrán 2021”, quedando pendentes outras obras para decembro. A entrada é de balde ata completar o aforo autorizado.