A Asociación de Búsqueda y Salvamento Ría de Vigo y Baixo Miño incorpora a embarcación “Serra da Groba”

A Asociación de Búsqueda y Salvamento Ría de Vigo y Baixo Miño incorpora unha nova embarcación á súa frota. Tres dos corenta voluntarios desta entidade recibían este sábado a embarcación “Serra da Groba” no porto de Panxón, que será destinada a labores de formación, prevención e apoio ao salvamento de náufragos e bens.

É a segunda embarcación de intervención rápida coa que conta esta Asociación miñorana que participou e coordinou probas deportivas como a Travesía a Nado Costa Serena, a Travesía a Nado Triple Corona Illas Atlánticas, Travesía a Nado Batalla de Rande ou Desafío Illas Cíes, entre outras.

“Serra da Groba” é unha homenaxe ao enclave do Val Miñor e servirá de propósito para contribuír aos fins fundacionais da Asociación, que naceu para fomentar unha cultura de seguridade, a prevención de accidentes e a protección das persoas e os seus bens.