O “miniecopunto” de reciclaxe de residuos eléctricos e electrónicos chega ao Centro Cultural de Donas

O “miniecopunto” de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) segue o seu percorrido polas parroquias do Concello de Gondomar para implicar ao maior número de veciños y veciñas en materia de reciclaxe e defensa do medio ambiente. O miniecopunto chega ao Centro Cultural de Donas, onde permanecerá durante 15 días instalado para dar servizo á veciñanza e facilitar que poidan depositar nel os residuos eléctricos ou electrónicos dos que se queiran desfacer. Este miniecopunto enmárcase dentro do proxecto Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión de Residuos e Aparellos Electrónicos (ESTRAEE), promovido pola Deputación Provincial e ao que se adscribiu o Concello de Gondomar.