Gondomar ilumínase de rosa polo Día Internacional contra o Cancro de Mama

O Concello de Gondomar ilumínase un ano máis de rosa para conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, xornada que busca sensibilizar e concienciar ás persoas de todo o mundo, sobre a importancia de realizarse un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía. Ademais búscase o compromiso da sociedade e lembrar a necesidade de seguir investindo en investigación na loita contra o cancro de mama, a súa detección precoz e prevención.