Exercicio de rescate marítimo na baía de Baiona

No marco da celebración do Endurance European&World Championship, os Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, coa intervención do helicóptero Pesca 1 e a colaboración de Salvamento Marítimo e Protección Civil Val Miñor, realizaron este domingo un exercicio de rescate, radiado pola megafonía do evento.

Púidose escoitar a narración completa dun simulacro de incendio a bordo dunha embarcación fondeada nas inmediacións de Santa Marta, coa chamada de socorro dos náufragos e a resposta de Salvamento Marítimo e os Gardacostas en conversación cos pilotos do Pesca 1.

Esta narración é un vehículo de coñecemento para dar a coñecer como se establecen os protocolos de comunicación nunha emerxencia na mar, descoñecidos de maneira habitual polo gran público.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.