
Despois da negativa reiterada de levar a pleno a situación de Faro Silleiro por parte do Grupo de Goberno Municipal, o PSdG-PSOE de Oia se viu na necesidade de solicitar unha sesión plenaria extraordinaria para que a Alcaldesa Cristina Correa aclare en pleno as xestións realizadas polo seu grupo de goberno no relativo ao expediente e á designación da comisión municipal que levará estes asuntos.
Neste pleno extraordinario, que terá lugar o luns 18 de outubro ás 8:00 horas, tamén se pide, a petición dos Socialistas de Oia, o compromiso da corporación municipal para a defensa da titularidade de Faro Silleiro por parte do Concello de Oia. Por último punto tratarase neste pleno a adopción das medidas necesarias para deixar claro que Faro Silleiro está situado en terreos que pertencen ao Concello de Oia, concretamente na parroquia de Mougás, “como se pode demostrar polos diversos documentos existentes”, apuntan.