
Nova cita co programa de Gondocultura Outono que esta fin de semana será integramente teatral, coa representación de dous clásicos xa da literatura galega como son “A lingua das volvoretas”, de Manuel Rivas, e “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas.
A compañía Saraiba Teatro será a encargada de dar vida aos personaxes de “A lingua das volvoretas” o vindeiro sábado 9 de outubro, ás 21:30 horas, sobre o escenario do Auditorio Municipal Lois Tobío. A obra chega tras ser galardoada recentemente con catro premios María Casares, e permitiranos regresar a gozar da entrañable relación que manteñen o Mestre don Gregorio e o pequeno Pardal.
Pola súa banda será Cándido Pazó o que o domingo represente o clásico de Xosé Neira Vilas, “Memorias dun neno labrego” a partir das 19:00 no Auditorio Municipal, coincidindo co 50 aniversario da 1ª edición deste clásico da literatura galega. O público poderá gozar dun espectáculo emotivo e divertido, cun gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de viedocreación, e unha proposta musical composta para a ocasión.
As entradas débense reservar en https://taquilla.concellodegondomar.gal