Aberto o prazo de matrícula para a Aula de Teatro de Baiona

FOTO: NON SI? TEATRO // Romance de Micomicón e Adhelala.

A Aula de Teatro de Baiona- Non si? Teatro, abre o prazo de matrícula para o curso 2021/2022. As clases comezarán o 5 outubro, estarán impartidas por Mónica Sueiro e desenvolveranse no Auditorio V Centenario.

Martes

  • Taller de Teatro (teatro para a vida)
    Mañás: de 11:00 a 12.30h.
    Tardes: de 20:00 a 21:30h.

Xoves

  • Comunicación Oral de 20:30 a 21:30h.

Máis información no correo electrónico monicasueiro@gmail.com ou no teléfono 638 186 112.