
O Concello de Baiona comunica que as obras de arranxo e mellora do paseo da Foz na zona de Ramallosa comezarán esta semana.
Unha parte do paseo litoral que percorre a Foz do Miñor comezou a caer fai máis de 3 anos, aumentando o terreo derruído cada inverno. O Concello solicitou en diferentes ocasión a Costas o seu arranxo, conseguindo fai uns meses un compromiso para reparalo antes de finalizar este ano.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, celebra o inicio da obra e indica que “as baionesas e baioneses poderán volver a desfrutar desta zona e quero agradecer á veciñanza a súa paciencia durante este tempo”.
As obras foron adxudicadas á empresa Tragsa por un valor de 195.171 euros e con previsión de acabar en 3 meses.