Os baioneses Paula López e Javier Parada, terceiros no Campionato de España mixto por parellas de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Os catro finalistas.

Esta fin de semana celebrouse nos campos de bolos de Camos-Nigrán o Campionato de España mixto por parellas de bolo celta. A clasificación final foi a seguinte:

  • Campións de España, os irmáns Julia e Miguel López do club de bolos Xove-Lugo.
  • Subcampións, Sandra Suárez e Jaime Rodríguez dos clubs Los Serenos e La Panera de Asturias.
  • Terceiros, Paula López e Javier Parada dos clubs Portameán e Belesar Urgal de Baiona.
  • Cuartos, os irmáns Lorena e Abraham do club Sobreiro de Gondomar.

Este campionato pecha a tempada de torneos nacionais de bolo celta. O próximo mes de outubro entre os días 8 e 12, xogadoras de bolo celta do Val Miñor desprazaranse a Cazorla- Jaén para disputar o intermodal feminino nacional, con xogadoras das comunidades de Asturias, Andalucía e Castela e León.